9 de junio de 2011

A Emoción dos Viños

O salón dos “Viños do Claustro” decorrerá no Claustro da Catedral de Tui o sábado 25 de xuño, sendo organizado pola Asociación Galega de Sumilleres.
No marco deste evento desenvolveremos unha xornada de iniciación á cultura do viño.

Aproveitando un entorno tan especial coma o Claustro da Catedral da histórica cidade fronteiriza de Tui, daremos a coñecer os viños de Galicia que emocionan, que son quen de levarnos máis alá. Elabora ...
cións especiais dun grupo de viticultores – enólogos – adegueiros que representan coas súas creacións vitivinícolas os mil matices da viticultura galega. Coma os mil ríos que regan estas terriñas, viñas dos mil vales e vilas que representan tradicións diferenciadas, espacios únicos, paisaxes de ensoño que estes viños transmiten en cada trago, en cada aroma, desde a beira do mar Atlántico ate as vertixinosas pendentes da viticultura heroica de montaña. Océano que define co seu ADN o carácter destes viños, unha marca común sobrevoando entre encostas e vertentes, socalcos e chairas, bosques e matos, sobre penedos graníticos e montañas redondeadas agarimosamente polo seu aire.


Collage digital diseñado para el evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario